Image

2º Trail Das Bestas 2018

  • Running
  • 04 Nov 09:30 (CET)
  • Muras

Categorias:

  • Maratón: 43km
  • Media: 24.5km
  • Curta: 15km
  • Andaina: 15km

Segunda edición do Trail das Bestas en Muras (Lugo) - A Veiga - Serra do Xistral

Image

2º Trail Das Bestas 2018

Overview

A segunda edición do Trail Das Bestas celébrase o 4 de Novembro do 2018.


O percorrido será circular con saida e meta na Area recreativa A Veiga. Nesta edición a proba discurrirá pola Serra do Xistral, un marco espectacular e dun gran interés natural. Estará marcado con cinta de balizamento e con sinais de plástico nos
cruces. Tamén haberá sinais de spray biodegradable nalgúns puntos.

PÁXINA WEB:

https://marmaroutdoor.es/trail-das-bestas/

LOCALIZACIÓN DE SAíDA E CHEGADA

Área recreativa de A Veiga: 

https://goo.gl/maps/kAz6TY3myPQ2

Distancia en tempo dende

  • A Coruña: 1h 09 min.
  • Lugo: 50 min.
  • Ferrol: 44 min.
  • Viveiro: 33 min.

As Coordenadas de Muras (latitude e lonxitude) son as seguintes:

  • Latitude: 43.5033806
  • Lonxitude: -7.6875776

TRAIL DAS BESTAS

A segunda edición do Trail de Muras celébrase o 4 de novembro del 2018. O percorrido será circular con salida e meta na área recreativa A Veiga. Estará marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección de plástico nos cruces. Tamén haberá sinais de spray biodegradable en algúns puntos.

INSCRICIÓNS E DISTANCIAS:

Os prezos de inscrición serán os seguintes:

  • Distancia Maratón 43 kms:
    • 22€ ata o día 26 de Outubro ás 23:59
    • 26€ do 27 de Outubro ata o día 1 de Novembro ás 22:00
  • Distancia Media 24,5 kms:
    • 18€ ata o día 26 de Outubro ás 23:59
    • 22€ do 27 de Outubro ata o día 1 de Novembro ás 22:00 
  • Distancia Curta 15 kms:
    • 16€ ata o día 26 de Outubro ás 23:59
    • 20€ do 27 de Outubro ata o día 1 de Novembro ás 22:00
  • Andaina 15 kms:
    • 9€ ata o día 26 de Outubro ás 23:59
    • 13€ do 27 de Outubro ata o día 1 de Novembro ás 22:00

A inscrición inclúe:

  • Seguro de accidentes e R.C.
  • 4 Abastecementos na maratón, 3 na media (2 sólidos e líquidos e 1 líquido) (1 sólido e líquido e 1 líquido na proba curta)
  • Agasallo da proba
  • Comida Final
  • Reportaxe fotográfico en aberto
  • Seguemento gps Tracktherace
  • Ludoteca para nenos
  • Duchas

HORARIOS

  • 07:30 a 09:00    Recollida de dorsais
  • 08:30                 Saída Maratón
  • 09:30                 Saída 24,5km, 15km e andaina

BALIZAXE DA CARREIRA

Teremos 3 tipos de marcas para seguir o percorrido.

  1. Marcas fixas en cruces con frechas de dirección en fosforito
  2. Cinta de Balizar vermella e branca
  3. Cartaces de dirección

MATERIAL OBRIGATORIO

Distancia Maratón: obrigatorio portar chubasqueiro, lubas e gorro ou tubular (buff)

Resto de distancias e andaina:

Debido ao feito de que a proba se realice en novembro, a organización reserva a posibilidade de pedir roupa de protección de abrigo, rompe-ventos ou medias longas, guantes, etc... agardando as prediccións metereolóxicas previas para a carrerira. Se o parte meteorolóxico indica que haberá precipitacións e temperaturas baixas a organización obrigará ao uso das prendas que estime oportunas. No caso de que algín corredor non porte co material de abrigo para a súa seguridade, será descalificado ou prohibiráselle a participación na proba.

ABASTECEMENTOS

A organización dispora de abastecementos, tanto líquidos coma solidos, Fruta, barritas de cereales, geles energéticos, agua, Isotonico.

É obrigatorio por parte dos corredores traer un vaso ou sistema de hidratación para poder abastecerse nos puntos habilitados. A organización non terá vasos. Facemos isto por respecto ao medio ambente e reducir a xeración de lixo.

QUE FACER EN CASO DE EMERXENCIA?

No caso de emerxencia que nos imposibilite seguir na carreira e que necesitemos asistencia mÉdica, intentaremos chegar aos puntos de emerxencia onde o persoal da organización nos prestará asistencia e enviará a ambulancia para a evacuación do accidentado.

No caso de emerxencia grave que non nos podamos mover daremos aviso a un corredor para que poida avisar no punto máis cercano ou ben chamarnos aos teléfonos que aparecen nos dorsais. É de obrigación de todos os corredores prestar asistencia aos posibles lesionados.

A organización facilitará coa inscripción un seguro de accidentes e de responsabilidade civil. En caso de accidente que precise asistencia hospitalaria terá que ser exclusivamente no centro concertado co seguro, queda fora da responsabilidade da organización outros centros de saúde e hospitais.

CATEGORIAS:

As categorías serán as seguintes para ámbalas carreiras

  • Senior Masculino desde os 18 ata os 45 anos
  • Senior Feminino desde os 18 ata os 45 anos
  • Veteran/a. A partir dos 46 anos
  • A idade a ter en conta é a idade que terá o corredor a final do ano

RECOMENDACIÓNS

Antes de entrar no recinto de saída, procederase ao control de dorsais e material obrigatorio se fose necesario.

A organización terá o percorrido totalmente balizado, e os participantes deberán seguilo estrictamente e nunca saltarse ningún tramo. Para o control disto cada corredor disporá dun dispositivo GPS na maratón que nos indicará en todo momento o seu posicionamento e o seu track. Nas outras probas haberá xuices e alfombras de cronometraxe para controlar o paso dos corredores.

Tanto o track como as lecturas do chip serán vinculantes á hora de establecer a descalificación dun corredor por non cumprir con todo o percorrido.

Queda prohibido tirar botellas, vasos, papeles ou desperdicio fora das zonas habilitadas pola organización. No caso de incumprimento será motivo de descalificación.

O feito de inscribirse supón a aceptación do reglamento.

FOTOS E VIDEOS PARTICIPANTES

Co pago da inscrición acéptase a publicación nos nosos medios, web, Facebook, twitter y demáis medios de publicidade o material fotográfico e video de dita carreira.

ENTORNO:

A proba, discurrirá por zonas de especial interés medioambiental na Serra do Xistral e Río Eume. Pedimos a tódolos participantes que respeten o medio, que non se boten restos de plásticos ou basuras no monte e que non se moleste á posible fauna que nos poidamos encontrar polo percorrido.

LUDOTECA

Haberá ludoteca para @s pequen@s, e así os corredores poder conciliar. Para facer reserva de ludoteca enviar email a pablo@marmaroutdoor.es

DÚBIDAS

Para calquera dúbida poñerse en contacto ca organización no email: pablo@marmaroutdoor.es

Proxecto cofinanciado feder

This site uses cookies. If you keep on browsing, we assume that you accept its use. More information in the "Cookies Policy" of our Terms of use

Loading