Poster for event Coruña 10 2026

Coruña 10 2026

  • Road running
  • 04 Oct 10:00 (CEST)
  • A Coruña - Galicia

Corre co Atléntico aos teus pés

Where/When

A Coruña - Galicia

October 04, 2026 10:00 (CEST)

Overview

REGULAMENTO

O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 4 de outubro de 2026 na Coruña a XX Carreira Popular Coruña10. A proba, incluída no Calendario Oficial de competicións da FGA e da RFEA, disputarase a través dun circuíto urbano homologado pola RFEA.

A saída estará na avenida de Montoto e a meta na praza de María Pita .

ENTREGA DE DORSAIS

Os/as atletas serán debidamente informados dos horarios e a localización antes do peche do prazo de inscrición. Poderanse establecer quendas de recollida para evitar calquera tipo de aglomeración.

Non se entregarán dorsais o mesmo día de carreira.

Os dorsais poden recollelos a persoa autorizada polo participante, a cal deberá presentar os datos de inscrición para fins de identificación.

CAIXÓNS DE SAÍDA

Os caixóns de saída estableceranse en función da inscrición final e segundo as marcas acreditadas polas persoas participantes na inscrición, que se publicará na páxina web da organización.

As persoas participantes deberán colocarse na zona acoutada que lles corresponda segundo o caixón que se lles asigne.

REGULAMENTO XERAL CORUÑA 10 2026

Contact the organization

Send your question to the organization of Coruña 10 2026. They will answer you as soon as possible.

Contact

This site uses cookies.

If you keep on browsing, we assume that you accept its use. More information in the Cookies Policy of our Terms of use

Loading