Event poster 324b9213 3782 11ea ad79 42010a01000a

X O-Pie Nocturna Casa Sixto 2020

  • Foot-O
  • 11 Jan 18:00 (CET)
  • Paderne - Sas - Galicia

Categorias:

  • Larga-Rogaine
  • Media distancia
  • Corta-Infantil

Prueba nocturna de orientación a pie en la localidad de Paderne (A Coruña)

Overview

Cumplimos unha década !!! . Xa chega a X edición da clásica de orientación nocturna Casa de Sixto de Paderne.

LÍMITE !!! de prazas nas 3 probas e de 500 participantes por riguroso orden de rexistro

Localización: Casa de Sixto - Sas - Paderne

Cada menor que participe no evento deberá obligatoriamente ir acompañado por un adulto e deberá enviar este documento asinado e cuberto  Autorización menores ó seguiente correo: licenciasgallaeciaraid@gmail.com (se ten moitas dificultades para escanealo e envialo, poderá imprimilo e entregalo cuberto o día da proba en Secretaría).

Podes acceder o regulamento da proba desde aquí.

CATEGORÍAS:

LARGA-ROGAINE: 22 kms aprox. Tempo máximo 3 horas.

O formato Rogaine é o máis difícil dos tres. Aquí a estratexia e a forma física son fundamentais. Recomendado só para persoas que xa orientaron en ocasións anteriores e só se permiten aos adultos. Esta ruta, se se completa, supera os 20 quilómetros de distancia. O sistema sportident será usado para o seu cronometraxe. Mínimo necesitase un SI con capacidade para 50 picadas, mínimo un SI-9 senón se dispón del  é necesario alugar un.

MEDIA DISTANCIA: 5 kms aprox. Tempo máximo 1,5 horas.

Para os orientadores que non queren facer unha longa distancia e para os que queren comezar no mundo da orientación. Nesta categoría, que non ten un final tan competitivo como o longo, será posible ir nun grupo e en familia. Os menores poden facelo en compañía dun adulto que os guíe, asinando un documento no que el é responsable. O cronometraxe será con pinza e tarxeta tradicional.

CORTA-INFANTIL: 1,5 kms aprox. Tempo máximo 1 hora.

Percorrido para os máis pequenos. Recoméndase especialmente para nenos menores de 10 anos. Terá lugar ao redor da aldea de Sas, onde os nenos terán unha ruta de iniciación e teñen que estar acompañados por un adulto (o adulto acompañante nesta categoría non ten que inscribirse xa que no e considerado participante senon  só un compañeiro). O cronometraxe será con pinza e tarxeta tradicional.

INSCRIPCIONES:

Prezos:

Larga-Rogaine: 10,00 € só permitido a maiores de idade

Media distancia: 10,00 € adulto e 3,00 € menores de idade

Corta-Infantil: 3,00 € menores de idade (Los mayores de edad no necesitan inscribirse ya que se consideran acompañantes).

***3,00 € maís na categoría Rogaine se non tes Sportident para o aluguer (65,00 € no caso de perda).

A inscripción inclúe: seguro de R.C., servizo médico, avituallamiento en meta, aperitivo, rifa de agasallos, duchas, dispositivo de seguimento tracktherace.com (só no Rogaine)

HORARIOS

Saida Rogaine 18:00 - peche meta 21:00

Saida Curta 19:00 - peche meta 20:30

Saida infantil 19:15 - peche meta 20:15


MATERIAL OBLIGATORIO

Frontal ou linterna

Chaleco reflectante

Teléfono móbil (na media e curta distancia)


MATERIAL MUY RECOMENDADO

Manga longa e pantalóns ou malla longa

Chubasqueiro (se chove)

Compás (en grupo pode levarse un para todos)

Recipiente para coller auga no avituallamento líquido

Os mapas entregaranse en papel resitente a auga

CEA POSTCARRERA.


Ofrecese unha cea postcarrera ná Casa de Sixto.

Menú:

Sopa de cocido

Cocido (lacón, cachola, chourizos, costela, repolo, garavanzos, patacas…)

Postres

Vino y bebidas

Chupitos

Prezo cea adultos: 25,00 €

Prezo cea menor de 14 anos: 12,00 €

Garántese parranda na sobremesa

This site uses cookies.

If you keep on browsing, we assume that you accept its use. More information in the Cookies Policy of our Terms of use

Loading