Ce site utilise des cookies.
Si vous continuez à naviguer, nous supposons que vous acceptez leur utilisation. Plus d'informations dans la Politique des cookies de nos Conditions d'utilisation
UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de desarrollo Regional
"Una manera de hacer Europa"
3ª proba da liga galega de raids de orientación 2015
O Porriño, Salceda de Caselas e Tui (Pontevedra)
septembre 12, 2015 09:00 (CEST)
O primeiro evento organizado pola sección de Orientación da Asociación Deportiva A FORNA de Budiño, o BUDIÑORAID, é un ambicioso proxecto que implica a tres dos concellos polos que discorre o Río que lle vai dar nome a esta edición.
As Gándaras de Budiño, o Faro de Budiño e o Faro de Cans no Concello de O Porriño, a Senda do Caselas, o Monte de San Cibrán e o Espicho do Faro de Entenza no Concello de Salceda e as Veigas do Louro, ou o Río Miño no Concello de Tui, son algúns dos preciosos espazos naturais existentes na zona polos que vai a discorrer esta primeira edición do noso Raid.
Un raid de longa duración xa que vai ter un percorrido de uns 100 km. de distancia repartidos en 7 sectores ó longo das 10 horas de competición que non vai a deixar indiferente a ninguén.
Dende a organización esperamos que todos os amantes deste deporte de Aventura, dende os mais experimentados competidores na liga autonómica, así como os mais novatos e inexpertos xa que imos a contar tamén con unha categoría de iniciación, vos acheguedes a disfrutar con nós do primer evento de este tipo que se celebra na zona para disfrutar de unha experiencia inesquencible en un entorno inigualable.
Achégate e disfrútao!!!!
Processus d'inscription: Fermé Processus d'inscription terminé le 08 sept. 23:59 (CEST)