Ce site utilise des cookies.
Si vous continuez à naviguer, nous supposons que vous acceptez leur utilisation. Plus d'informations dans la Politique des cookies de nos Conditions d'utilisation
UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de desarrollo Regional
"Una manera de hacer Europa"
Segunda edición do Trail das Bestas en Muras (Lugo) - A Veiga - Serra do Xistral
Muras - Galicia
novembre 04, 2018 09:30 (CET)
A segunda edición do Trail Das Bestas celébrase o 4 de Novembro do 2018.
O percorrido será circular con saida e meta na Area recreativa A Veiga. Nesta edición a proba discurrirá pola Serra do Xistral, un marco espectacular e dun gran interés natural. Estará marcado con cinta de balizamento e con sinais de plástico nos
cruces. Tamén haberá sinais de spray biodegradable nalgúns puntos.
PÁXINA WEB:
https://marmaroutdoor.es/trail-das-bestas/
LOCALIZACIÓN DE SAíDA E CHEGADA
Área recreativa de A Veiga:
https://goo.gl/maps/kAz6TY3myPQ2
Distancia en tempo dende
As Coordenadas de Muras (latitude e lonxitude) son as seguintes:
TRAIL DAS BESTAS
A segunda edición do Trail de Muras celébrase o 4 de novembro del 2018. O percorrido será circular con salida e meta na área recreativa A Veiga. Estará marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección de plástico nos cruces. Tamén haberá sinais de spray biodegradable en algúns puntos.
INSCRICIÓNS E DISTANCIAS:
Os prezos de inscrición serán os seguintes:
A inscrición inclúe:
HORARIOS
BALIZAXE DA CARREIRA
Teremos 3 tipos de marcas para seguir o percorrido.
MATERIAL OBRIGATORIO
Distancia Maratón: obrigatorio portar chubasqueiro, lubas e gorro ou tubular (buff)
Resto de distancias e andaina:
Debido ao feito de que a proba se realice en novembro, a organización reserva a posibilidade de pedir roupa de protección de abrigo, rompe-ventos ou medias longas, guantes, etc... agardando as prediccións metereolóxicas previas para a carrerira. Se o parte meteorolóxico indica que haberá precipitacións e temperaturas baixas a organización obrigará ao uso das prendas que estime oportunas. No caso de que algín corredor non porte co material de abrigo para a súa seguridade, será descalificado ou prohibiráselle a participación na proba.
ABASTECEMENTOS
A organización dispora de abastecementos, tanto líquidos coma solidos, Fruta, barritas de cereales, geles energéticos, agua, Isotonico.
É obrigatorio por parte dos corredores traer un vaso ou sistema de hidratación para poder abastecerse nos puntos habilitados. A organización non terá vasos. Facemos isto por respecto ao medio ambente e reducir a xeración de lixo.
QUE FACER EN CASO DE EMERXENCIA?
No caso de emerxencia que nos imposibilite seguir na carreira e que necesitemos asistencia mÉdica, intentaremos chegar aos puntos de emerxencia onde o persoal da organización nos prestará asistencia e enviará a ambulancia para a evacuación do accidentado.
No caso de emerxencia grave que non nos podamos mover daremos aviso a un corredor para que poida avisar no punto máis cercano ou ben chamarnos aos teléfonos que aparecen nos dorsais. É de obrigación de todos os corredores prestar asistencia aos posibles lesionados.
A organización facilitará coa inscripción un seguro de accidentes e de responsabilidade civil. En caso de accidente que precise asistencia hospitalaria terá que ser exclusivamente no centro concertado co seguro, queda fora da responsabilidade da organización outros centros de saúde e hospitais.
CATEGORIAS:
As categorías serán as seguintes para ámbalas carreiras
RECOMENDACIÓNS
Antes de entrar no recinto de saída, procederase ao control de dorsais e material obrigatorio se fose necesario.
A organización terá o percorrido totalmente balizado, e os participantes deberán seguilo estrictamente e nunca saltarse ningún tramo. Para o control disto cada corredor disporá dun dispositivo GPS na maratón que nos indicará en todo momento o seu posicionamento e o seu track. Nas outras probas haberá xuices e alfombras de cronometraxe para controlar o paso dos corredores.
Tanto o track como as lecturas do chip serán vinculantes á hora de establecer a descalificación dun corredor por non cumprir con todo o percorrido.
Queda prohibido tirar botellas, vasos, papeles ou desperdicio fora das zonas habilitadas pola organización. No caso de incumprimento será motivo de descalificación.
O feito de inscribirse supón a aceptación do reglamento.
FOTOS E VIDEOS PARTICIPANTES
Co pago da inscrición acéptase a publicación nos nosos medios, web, Facebook, twitter y demáis medios de publicidade o material fotográfico e video de dita carreira.
ENTORNO:
A proba, discurrirá por zonas de especial interés medioambiental na Serra do Xistral e Río Eume. Pedimos a tódolos participantes que respeten o medio, que non se boten restos de plásticos ou basuras no monte e que non se moleste á posible fauna que nos poidamos encontrar polo percorrido.
LUDOTECA
Haberá ludoteca para @s pequen@s, e así os corredores poder conciliar. Para facer reserva de ludoteca enviar email a [email protected]
DÚBIDAS
Para calquera dúbida poñerse en contacto ca organización no email: [email protected]
Processus d'inscription: Fermé Processus d'inscription terminé le 01 nov. 22:00 (CET)