Este sitio utiliza cookies.
Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información en la Política de Cookies de nuestros Términos de uso
SOBRE O DESCENSO INTERNACIONAL DO SIL
O Descenso Internacional do Sil, é un evento deportivo da modalidade de piragüismo organizado polo Concello de O Barco de Valdeorras que conta cunha longa traxectoria co sitúa nun dos máis tradicionais de Galicia.
Transcorre polas augas do río Sil, con saída ás 18:00 h. no Concello de Sobradelo e con meta no Malecón do Concello do Barco, supoñendo unha distancia de 7,5 km nos que se combinan zonas de rápidos intensos con pequenos tramos de augas tranquilas. Celébrase sempre o sábado das Festas do Cristo, festas máis importantes do Concello do Barco.
É un descenso competitivo no que participan deportistas federados/as a través das Federacións Galega e Española de Piragüismo nas categorías cadete, xuvenil, senior e master, todas elas femininas e masculinas nas modalidades individuais (K1 e C1), e embarcacións de equipo (K2) onde conta tamén con embarcacións mixtas.
ENTREGA DE DORSAIS E LOCALIZADORES
DIANTE DO CONCELLO DE 12:00 A 13:30
INSCRICIÓNS
Federación Galega de Piragüismo