Cartel del evento Trail das Bestas 2022

Trail das Bestas 2022

  • Trail
  • 17 de jul 07:30 (CEST)
  • Muras - Galicia

V edición

Dónde/Cuándo

Muras - Galicia

17 de julio de 2022 07:30 (CEST)

Descripción

BOLETIN TECNICO: https://drive.google.com/file/d/1cTQ9GF4Qdqcaxxn70tla6u9eebmNtbBp/view?usp=sharing

LOCALIZACIÓN

HORARIOS E INFORMACIÓN TÉCNICA

CATEGORIAS

CONTORNO

PERCORRIDOS

REGULAMENTO

---

LOCALIZACIÓN

Localización da Saída e Chegada: Area Recreativa A Veiga. Muras (Lugo)

  • Distancia en tempo dende a Coruña: 1H.09 Min
  • Distancia en tempo dende Lugo: 50 Min.
  • Distancia en tempo dende Ferrol: 44 Min.
  • Distancia en tempo dende Viveiro: 33 Min

As Coordenadas de Muras son as seguintes:

* Latitude: 43.5033806
* Lonxitude: -7.6875776

ver ubicación

HORARIOS E INFORMACIÓN TÉCNICA

  • 7:00 Apertura de secretaría.
  • 7:30 Saída maratón.
  • 9:00 Saída dos buses ata Os Coruxos 27k
  • 9:30 Saída 27k. (Lembrade estar ás 9 na Veiga para coller o bus para a saída)
  • 10:00 Saída 14k.
  • 10:10 Saída Andaina.
  • Entrega de premios 13:30 14K
  • 14:30 27K e Maratón
  • 15:30 Peche de meta.

CATEGORIAS

As categorías son as seguintes para tódalas carreiras;

  • Absoluto/a.
  • Veterán/a. Nados en 1976 en anteriores.
  • Non existe a categoría senior. Os premios absoluto e veterán son acumulativos.

CONTORNO

A proba discurrirá por zonas de especial interese medioambiental da Serra do Xistral e Rio Eume. Pregamos a todos os participantes que respeten a contorna, que non se boten restos de plásticos ou lixo no monte e que non se moleste á posible fauna que se encontré polo percorrido.

PERCORRIDOS

3 distancias: Maratón, 27k y 14k

  1. Maratón: 43 kms. desnivel: +2080 mts. -2080mts. Descarga percorrido
  2. 27k: 27kms. Desnivel: +1260 mts. -1460 mts.
  3. 14k e Andaina: 14 Kms. Desnivel +650 mts. -650 mts.

REGULAMENTO

MATERIAL OBRIGATORIO PARA A DISTANCIA MARATÓN

 (obrigatorio portar, non levar posto)

  • Cortaventos.
  • Gorro ou buff.
  • Teléfono móbil.

BALIZAXE DA CARREIRA

Haber 3 tipos de marcas para seguir o percorrido:

  • Marcas fixas con frechas de dirección en crucezamentos e interseccións.
  • Cinta de balizar vermella e Branca.
  • Cartais de dirección
  • Frechas de spray biodegradable en cor fosforescente.

ABASTECEMENTOS

Dependendo da distancia de carreira teredes os seguintes abastecementos:

  • Maratón: 2 Líquidos e 2 Líquidos-Sólidos
  • 27k: 1 Líquido e 1 Líquido-Sólido
  • 14K e Andaina: 1 Líquido

Nos líquido-sólido encontraredes plátanos e xeles.

QUE FACER EN CASO DE EMERXENCIA?

No caso de emerxencia que nos imposibilite seguir na carreira e que faga precisa asistencia medica, deberase intentar chegar aos puntos de emerxencia, onde o persoal da organización prestará asistencia e enviará a ambulancia para a evacuación do accidentado.

No caso de emerxencia grave que impida movérmonos avisarase a outro corredor para que alerte no punto mais próximo ou chamarase aos teléfonos que aparecen nos dorsais. É obriga de todos os corredores prestar asistencia aos lesionados. A organización facilitará coa inscrición un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

No caso de accidente que precise asistencia hospitalaria esta terá que ser prestada exclusivamente no centro concertado co seguro. Queda fóra da responsabilidade da organización a asistencia noutros centros de saúde ou hospitais.

Antes de entrar no recinto de saída procederase ao control de dorsais e do material obrigatorio, se fose necesario. A organización terá o percorrido totalmente balizado e os participantes deberán seguilo estritamente e non saltar ningún tramo. Para realizar ese control cada corredor disporá, no maratón, dun dispositivo GPS que indicará en todo momento a súa posición e o seu track. Nas outras probas haberá xuíces e alfombras de cronometraxe para controlar o paso dos corredores. Tanto o track como as lecturas do chip serán vinculantes á hora de decidir a descualificación dun corredor por non cumprir con todo o percorrido.

RESPONSABILIDADE XERAL

Ao formalizala inscripción, momento de efectuar o pago da proba, cada deportista recoñece baixo sua responsabilidade que reúne e dispon de unhas condicions físicas, psíquicas e o dominio técnico necesario para afrontarla competición con éxito e acabar a carreira nos tempos de corte delimitados pola organización. A posesión da licenza federativa non asegura nin cubre esta responsabilidad. Ase mesmo, os e as participantes deberán:

  1. Ser responsables da sua propia seguridad e da do resto de competidores.
  2. Coñocer y respetar o reglamento da competicion así como o protocolo Fisiocovid-DxtGalego e as medidas particulares de esta carreira.
  3. O participante que abandone a competición está obrigado a quitarse o dorsal e comunicalo a organización.
  4. Obedecer las indicaciones da organizacion e voluntarios dispostos durante o percorrido.
  5. Respetar en todo momento as normas de circulación.
  6. Tratar a o resto de atletas, voluntarios e espectadores con respeto e cortesía.
  7. Respetar o medio ambiente e as zoas nasque se celebra a competición, queda terminante prohibido tirar basura, este  feito pode ser causa de descualificación.

Ante as causas meteorolóxicas ou de causa mayor que impidan a modificación de parte ou da totalidade de algúnha das distancias, a organización planteará una prueba alternativa sobre outra distancia e outros recorridos en función das circunstancias pero en ningún caso o evento se pospondrá a outra fecha e non se devolverá o importe de la inscripción.

O feito de inscribirse supón a aceptación do regulamento, e aceptase a publicación nos nosos medios, web, Facebook, twiter e demáis medios de publicidad do material fotográfico e video de dita  proba.

Contactar con la organización

Envía tu consulta a la organización de Trail das Bestas 2022. Te responderán lo antes posible.

Contacto

Enlaces de interés

Este sitio utiliza cookies.

Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información en la Política de Cookies de nuestros Términos de uso

Cargando