Este sitio utiliza cookies.
Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información en la Política de Cookies de nuestros Términos de uso
UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de desarrollo Regional
"Una manera de hacer Europa"
A Coruña - Galicia
04 de octubre de 2026 10:00 (CEST)
REGULAMENTO
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan o próximo 4 de outubro de 2026 na Coruña a XX Carreira Popular Coruña10. A proba, incluída no Calendario Oficial de competicións da FGA e da RFEA, disputarase a través dun circuíto urbano homologado pola RFEA.
A saída estará na avenida de Montoto e a meta na praza de María Pita .
ENTREGA DE DORSAIS
Os/as atletas serán debidamente informados dos horarios e a localización antes do peche do prazo de inscrición. Poderanse establecer quendas de recollida para evitar calquera tipo de aglomeración.
Non se entregarán dorsais o mesmo día de carreira.
Os dorsais poden recollelos a persoa autorizada polo participante, a cal deberá presentar os datos de inscrición para fins de identificación.
CAIXÓNS DE SAÍDA
Os caixóns de saída estableceranse en función da inscrición final e segundo as marcas acreditadas polas persoas participantes na inscrición, que se publicará na páxina web da organización.
As persoas participantes deberán colocarse na zona acoutada que lles corresponda segundo o caixón que se lles asigne.