Image

V Ruta BTT Xesteiras

  • MTB
  • 30 Aug 09:30
  • Cuntis

O Club de Montaña Xesteiras e a Concellería de Deportes do Concello de Cuntis, organizan o vindeiro 30 de agosto a V Ruta BTT Xesteiras

Image

V Ruta BTT Xesteiras

Overview

Un ano máis, o Club de Montaña Xesteiras e a Concellería de Deportes do Concello de Cuntis, organizan o vindeiro 30 de agosto a V Ruta BTT Xesteiras, ruta non federada e non competitiva. Marcha social non competitiva nin federada.

O percorrido terá unha distancia aproximada de 34 km e un desnivel positivo de 835 m, cunha dificultade física e técnica media-alta. Sairemos desde a Praza das Árbores e pasaremos por Trasponte, Calvos, Xirei, Noval, A Toxeira, A Bragaña, Sanmamede, Portela, Couselo, alto de Xesteiras, Soutelo, Guimarei, Portodogómez e Cuntis.

Haberá dous puntos de avituallamento durante o recorrido: km 16, no curro do Xesteiras, sólido/líquido e no km 20, alto do Xesteiras, líquido. No remate da proba haberá un avituallamento líquido.

O prezo da inscrición é de 6€ e dita inscrición deberá facerse obrigatoriamente a través da plataforma: https://tracktherace.com. O prazo para formalizar ditas inscricións é ata o xoves 27 de agosto. Esta inscrición dará dereito, ademáis de participar na ruta, ao seguinte: avituallamentos, seguro de asistencia sanitaria e responsabilidade civil, servizo de ambulancia, duchas, lavado de bicis, parking, ...

Nos vindeiros días iremos actualizando información.

Esperámosvos.

CdM Xesteiras

REGULAMENTO V RUTA BTT DO XESTEIRAS (CUNTIS)
Marcha Social Non Federada

  1. O Club de Montaña Xesteiras e a Concellería de Deportes do Concello de Cuntis, organizan a V Ruta do Xesteiras – Marcha Social Non Federada, cun percorrido de 34 km  aproximadamente, de dificultade física media-alta e dificultade técnica media. A mesma será de carácter non competitivo.

    A saída terá lugar ás 9:30 horas na Praza das Árbores (fronte á biblioteca municipal de Cuntis) o día 30 de agosto de 2015.
     
  2. A inscrición debe facerse a través da plataforma https://tracktherace.com ata o día 27 de agosto de 2015. O prezo da inscrición é de 6€.
     
  3. A entrega de dorsais terá lugar a partir das 8:00 horas do día 30 de agosto na Praza das Árbores. A recollida de dorsais farase de xeito individual e para recollelo haberá que presentar o dni do participante inscrito.
     
  4. A participación na proba incluirá o avituallamento sólido e líquido, servizo de duchas, lavado de bicicletas, servizo de ambulancia, servizo de recollida no caso de avaría, seguro R.C. e seguro de Asistencia Sanitaria. Só serán considerados participantes, aqueles que realizaran a inscrición correctamente e leven o dorsal visible en todo momento. O devandito dorsal será facilitado pola organización.

    Cada participante será responsable do seu propio material de avaría.
     
  5. Os participantes menores de 16 anos deberán aportar autorización do pai/nai/titor no momento de recollida do dorsal así como acreditar que o acompañará un adulto que se responsabilizará del durante todo o percorrido.
     
  6. O emprego do casco é obrigatorio e non levalo implica a retirada do dorsal e da ruta. A organización non se fai responsable dos accidentes, nos que puidera ser causa a neglixencia dos participantes, así como os danos que estes puideran ocasionar durante a realización da marcha.
     
  7. O percorrido da proba transcorre na súa maior parte por camiños rurais, forestais e de monte do Concello de Cuntis, existindo cruces con tramos de estradas, que se atopan abertos ó tráfico para outros usuarios polo que se deberá extremar a precaución por parte dos participantes, respectando as normas de circulación contidas na Lei de Seguridade Vial e no Regulamento Xeral de Circulación.
     
  8. Todos os participantes deben respectar o entorno por onde transcorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar o lixo en todo o percorrido a excepción dos contedores situados no punto de avituallamento e de inicio e final de ruta.
     
  9. En todo momento respectaranse e acataranse as ordes e directrices da organización, non sobrepasando en ningún momento ó vehículo que abre a mesma, de facelo será motivo de descalificación inmediata.
     
  10. A Organización contará con servizo de ambulancia a disposición dos participantes, ao igual que dun Seguro de Responsabilidade Civil (limitado) e de Asistencia Sanitaria, non facéndose responsable de ningún accidente nin gastos fora desta cobertura, debendo entenderse que os participantes inscritos asumen e coñecen os riscos do BTT.
     
  11. A Organización resérvase o dereito a modificar a presente normativa, así como a modificación do percorrido, quilometraxe e data da proba.
     
  12. O feito de inscribirse na proba, supón a aceptación total do presente regulamento.

PROTECCIÓN DE DATOS

Todo participante, ó formalizar a súa inscrición, está autorizando a publicación dos seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba, ben sexa nos listados oficiais, en medios de comunicación e/ou internet, así como, o seu uso para o envío de información relativa o evento, incluídas posteriores edicións. Igualmente autoriza a que as imaxes recabadas (fotografía ou vídeo) se poidan utilizar de forma atemporal en calquera publicación ou acción publicitaria, co único fin de promoción e difusión do evento. 

Cada participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa inscrición, e consinte que ditos datos se incorporen a un ficheiro automatizado, do que é responsable CdM Xesteiras. O titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na Lei Orgriánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal.

Proxecto cofinanciado feder

This site uses cookies. If you keep on browsing, we assume that you accept its use. More info

Loading