Image

Trail das Bestas 2017

  • Running
  • 05 Nov 09:30
  • Muras

Categorias:

  • 15 km
  • 25 km

Primeira edición do Trail das Bestas en Muras (Lugo)

Image

Trail das Bestas 2017

Overview

LOCALIZACIÓN DE SALIDA Y LLEGADA

Área recreativa de A Veiga: https://www.google.es/maps/place/%C3%81rea+Recreativa+de+A+Veiga/@43.4668014,-7.726448,18z/data=!4m8!1m2!2m1!1sa+veiga+muras!3m4!1s0x0:0x5e1cd5388c8072fc!8m2!3d43.466483!4d-7.7261024

Distancia en tempo dende A Coruña: 1h.09

Distancia en tempo dende Lugo: 50 m.

Distancia en tempo dende Ferrol: 44 m.

Distancia en tempo dende Viveiro: 33 m.

TRAIL DAS BESTAS

Primeira edición del Trail de Muras celebrarase o 5 de novembro del 2017. O percorrido será circular con salida e meta na área recreativa A Veiga. Estará marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección de plástico nos cruces. Tamén haberá sinais de spray biodegradable en algúns puntos.

INSCRIPCIÓNS E PERCORRIDOS:

Os precios de Inscripción serán os seguintes:

Percorrido 25 km:

18€ ata o día 30 de Outubro de 2017 as 23:59

22€ dende o día 31 de Outubro de 2017 ata o 2 de Novembro as 22:00.

Percorrido 15 km:

15€ ata o día 30 de Outubro de 2017 as 23:59

18€ dende o día 31 de Outubro de 2017 ata o 2 de Novembro as 22:00.

A inscripción inclúe

1. Seguro asistencia sanitaria e R.C.

2. 3 Avituallentos, (2 sólidos e líquidos e 1 líquido) (1 sólido e líquido e 1 líquido na proba curta)

3. Camisola oficial da proba.

4. Comida Final.

5. Reportaxe fotográfico en aberto .

6. Seguemento gps Track The Race.

7. Duchas

HORARIOS

8:15 a 9:00 Recollida de dorsais (Zona de Saída e meta)

09:30 SAIDA TRAIL

CATEGORIAS:

As categorías serán as seguintes para ámbalas carreiras

• Senior Masculino ou feminino dende os 18 ata os 45 anos

• Veteran/a. A partir dos 46 anos

A idade a ter en conta é a idade que terá o corredor a final do ano.

É dicir, consideraranse veteráns a aqueles atletas nados no 1972 ou antes.

MATERIAL OBRIGATORIO:

Debido a que a proba se realiza no mes de novembro, a organización, resérvase a posibilidade de pedir material obligatorio de abrigo, tal como prenda de abrigo cortaventos ou mallas longas, guantes... a espera dos partes meteorolóxicos previos á carreira. Si o parte meteorolóxico indica que haberá precipitacións e temperaturas baixas a organización obrigará ó uso das prendas que estime oportunas. En caso de que algún corredor non porte co material de abrigo para a súa seguridade, será descalificado ou prohibiráselle a participación na proba.

ENTORNO:

A proba, discurrirá por zonas de especial interés medioambiental preto da Serra do Xistral e Río Eume. Pedimos a tódolos participantes que respeten o medio, que non se boten restos de plásticos ou basuras no monte e que non se moleste á posible fauna que nos poidamos encontrar polo percorrido.

DUBIDAS

Para calquera dúbida poñerse en contacto ca organización no email: directortecnico@galiorient.com

Proxecto cofinanciado feder

This site uses cookies. If you keep on browsing, we assume that you accept its use. More info

Loading