Image

3º BUDIÑORAID_Terras do Tea 2017

  • Raid aventura
  • 30 de sep 10:00
  • O Porriño, Salceda de Castelas, Mondariz e Ponteareas

Categorias:

  • Raid-O3
  • Raid-O 2+1
  • Orienta-Raid Longa
  • Orienta-Raid Curta

2ª proba da liga galega de raids de orientación 2017

Image

3º BUDIÑORAID_Terras do Tea 2017

Overview

Xa está aquí a Edición do BudiñoRAID 2017!!

Este ano apelidado Terras do Tea xa que vai discorrer polos Concello do Val do Tea (Salceda de Caselas, Ponteareas e Mondariz) ademais de polo xa habitual principal Colaborador Concello de O Porriño.

Este ano novamente puntuable para a Liga Galega de Raids de Orientación, sendo en este caso a prova do presente 2017.

En esta terceira edición, e por diversos motivos administrativos, os Percorridos das categorías Oficiais ÉLITE e AVENTRA van constar de 2 Etapas, a primeira de elas con 16 horas de carreira durante todo o Sábado 30 de Setembro, e a segunda con 5 horas mais ó Domingo 1 de Outubro pola mañá. 160 kms en total, en 21 horas de carreira, repartidos en 11 Sectores que se cubrirán coas disciplinas de Btt, Trekking, Kaiak de Río e Orientación a Pé ademais de contar con unha proba especial de Rappel.

Debido o éxito da edición anterior este ano tamén imos a preparar un percorrido mais curto (e mais doado técnicamente) para as persoas que desexen dar o seu primeiro paso no mundo dos Raids de Aventura en modo de INICIACIÓN. De feito, o plantexarse o BudiñoRAID 2017 en dous días, incluso nos permitimos facer un percorrido de 14 horas de duración de Iniciación Longa no Sábado, e outro de 5 horas en Iniciación Curta o Domingo pola mañá.

Dendo logo nós non nos imos aburrir para nada organizando este mais que interesante e apetecible Raid, e ti? valo perder??

Proxecto cofinanciado feder

Este sitio utiliza cookies. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información

Cargando