Event poster 33cd7866 3782 11ea ad79 42010a01000a

Os 100 do 2020

  • Running
  • 27 Jun 16:00 (CEST)
  • Lousame - Galicia

7ª Ultra-andaina/Ultratrail de 100km en Galicia

Overview

Os 100 dos International Trekkers é unha proba non competitiva de sendeirismo/ultratrail de 100 Km a realizar nun máximo de 24 horas, organizada polo Club Deportivo International Trekkers Barbanza Sar e pertencente á Copa Galega de Andainas da Federación Galega de Montañismo.

A proba ten como saída Lousame (concello) ás16h do 27 de xuño de 2020. O percorrido, balizado, é de 100km polos concellos de Noia, Son, Riveira, Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Lousame, a completar nun tempo máximo de 24 horas. A proba rematará, polo tanto, ás 16h do 28 de xuño de 2020. No pavillón municipal.

A organización poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería suspender a proba.

REGULAMENTO

Seguros e estado da saúde
A organización, aínda que subscribirá un seguro de accidentes e responsabilidade civil, non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.

Os participantes teñen a obriga de seguir as indicacións dos organizadores. É conveniente que dispoñan de licenza federativa (ficha montaña), ou dalgún seguro deportivo particular, aínda que non é obrigatorio.

Ao inscribirse, os participantes declaran non padecer lesión algunha que poida agravarse como consecuencia da realización da proba, eximindo á organización de calquera responsabilidade derivada delo.

É responsabilidade do participante facerse os test, chequeos ou probas médicas necesarias para verificar o seu axeitado estado de saúde.

Inscricións
O único lugar para inscribirse é a web mediante o pagamento por Plataforma. A última data para inscribirse é o 15 de xuño ata as 23:59.

As inscricións serán persoais e intrasnferibles. O importe das inscricións para os 100 do 2020, son:

Entre o 15 de xaneiro e o 30 de Abril:

  • andaina 40€
  • comida 20€
  • comida acompañante 20€

Entre o 1 de maio e o 16 de Xuño:

  • andaina 60€
  • comida 20€
  • comida acompañante 20€

Non se admitirán inscritos a partir do 16 de Xuño.

A organización permitirá a inscripción de acompañantes para o xantar de confraternización con un custo de 20€/persoa. As entradas para os acompañantes pagaranse por adiantado na propia páxina da inscripción.

O feito de facer a inscrición implica que tódolos participantes asumen os riscos da proba e aceptan as condicións da organización, así como a aceptación de que o nome do inscrito figure na páxina web.

Control de saída
Dende as 13:30h do día 27 de xuño estará habilitado na zona de control de Saída a entrega de pulseiras identificativas e localizadores GPS. Tódolos participantes deben achegarse a esta zona entre 13:30 e 15:30h.

Os participantes só poderán recoller un dorsal, e dicir: a entrega de dorsais será persoal e intransferible; e terán a obriga de firmar a folla de control antes da saída da proba.

Abandono e incidencias
Tódolos participantes que teñan algunha incidencia durante a proba deberán contactar co teléfono de emerxencias ou comunicarllo a persoal da proba que estará identificado. Para abandonos, debe chegar ó posto de control ou avituallamento máis cercando dende onde será trasladado á saída/chegada en coche. Todos os participantes deberán pasar pola saída/meta en Lousame para entregar o localizador GPS e recoller camisetas e agasallos.

Material obrigatorio
É obrigatorio que os participantes leven consigo o seguinte material durante os 100km. O feito de non levar consigo parte deste material pode facer que se descualifique:

OBRIGATORIO dende o principio da proba:

  • Pulseira identificativa da proba colocada nun lugar visible do corpo
  • LOCALIZADORES GPS: É obrigación do participante levar aceso constantemente os localizadores GPS entregados e devolvelos en boas condicións ó finalizar a proba.
  • Contedor para líquidos
  • Lanterna ou frontal
  • Gorra ou pano
  • Teléfono móbil con batería e saldo dabondo,
  • Chifre ou silbato para emerxencias, luz traseira cor vermello, alimentos, chaqueta impermeable con membrana transpirable.
  • Aconsellable: manta térmica.

Os participantes terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances, nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.

Outras consideracións
A organización resérvase o dereito de poder retirar aos participantes que entenda non se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba ou as que non respecten o medio.

A proba estará sinalizada con cintas reflectantes, pintura e, no tramo nocturno, luminarias.

Os participantes menores de idade deberán ir acompañados por un familiar ou titor, que será o responsable dos mesmos mentres estean facendo a proba.

Botar lixo fóra dos contedores axeitados está prohibido e implicará a EXPULSIÓN INMEDIATA da proba.

Despois da proba
Todos os participantes que cubran os 100km dos que consta a proba terán dereito a unha medalla de Finisher, de deseño propio, e diploma indicando o tempo acadado.

Todos os inscritos que fagan a saída teñen dereito á camiseta ou prenda conmemorativa. Tamén teñen dereito a adquirir  invitacións para familiares ou amigos ó prezo indicado pola organización.

This site uses cookies.

If you keep on browsing, we assume that you accept its use. More information in the Cookies Policy of our Terms of use

Loading