Aquest lloc utilitza cookies.
Si continues navegant considerem que acceptes el seu ús. Més informació a la Política de Cookies dels nostres Termes d'ús
UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de desarrollo Regional
"Una manera de hacer Europa"
O Club de Montaña Xesteiras e a Concellería de Deportes do Concello de Cuntis, organizan o vindeiro 30 de agosto a V Ruta BTT Xesteiras
Cuntis
30 de agost de 2015 09:30 (CEST)
Un ano máis, o Club de Montaña Xesteiras e a Concellería de Deportes do Concello de Cuntis, organizan o vindeiro 30 de agosto a V Ruta BTT Xesteiras, ruta non federada e non competitiva. Marcha social non competitiva nin federada.
O percorrido terá unha distancia aproximada de 34 km e un desnivel positivo de 835 m, cunha dificultade física e técnica media-alta. Sairemos desde a Praza das Árbores e pasaremos por Trasponte, Calvos, Xirei, Noval, A Toxeira, A Bragaña, Sanmamede, Portela, Couselo, alto de Xesteiras, Soutelo, Guimarei, Portodogómez e Cuntis.
Haberá dous puntos de avituallamento durante o recorrido: km 16, no curro do Xesteiras, sólido/líquido e no km 20, alto do Xesteiras, líquido. No remate da proba haberá un avituallamento líquido.
O prezo da inscrición é de 6€ e dita inscrición deberá facerse obrigatoriamente a través da plataforma: https://tracktherace.com. O prazo para formalizar ditas inscricións é ata o xoves 27 de agosto. Esta inscrición dará dereito, ademáis de participar na ruta, ao seguinte: avituallamentos, seguro de asistencia sanitaria e responsabilidade civil, servizo de ambulancia, duchas, lavado de bicis, parking, ...
Nos vindeiros días iremos actualizando información.
Esperámosvos.
CdM Xesteiras
REGULAMENTO V RUTA BTT DO XESTEIRAS (CUNTIS)
Marcha Social Non Federada
PROTECCIÓN DE DATOS
Todo participante, ó formalizar a súa inscrición, está autorizando a publicación dos seus datos persoais necesarios para o desenvolvemento da proba, ben sexa nos listados oficiais, en medios de comunicación e/ou internet, así como, o seu uso para o envío de información relativa o evento, incluídas posteriores edicións. Igualmente autoriza a que as imaxes recabadas (fotografía ou vídeo) se poidan utilizar de forma atemporal en calquera publicación ou acción publicitaria, co único fin de promoción e difusión do evento.
Cada participante é responsable da veracidade dos datos proporcionados na súa inscrición, e consinte que ditos datos se incorporen a un ficheiro automatizado, do que é responsable CdM Xesteiras. O titular dos datos terá dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición nos termos previstos na Lei Orgriánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Personal.
Proces de inscripcions: Tancat El procés de inscripcions finalitzà el 27 de ag. 23:59 (CEST)