Aquest lloc utilitza cookies.
Si continues navegant considerem que acceptes el seu ús. Més informació a la Política de Cookies dels nostres Termes d'ús
UNIÓN EUROPEA
Fondo Europeo de desarrollo Regional
"Una manera de hacer Europa"
Cuarta edición do 10K de Monterroso con novo percorrido
Monterroso - Galicia
11 de setembre de 2022 11:00 (CEST)
A cuarta edición da carreira 10K Monterroso 2022 celebrarase o Domingo 11 de Setembro as 11:00, este ano, coa novidade da estrea de percorrido.
O percorrido está pensado para facer mais levadeiro os cambios de desnivel que forman parte da orografía de Monterroso. O longo dos 10k atravesaranse unhas das mellores paisaxes que pode ofrecer a nosa contorna, chea de sombras de árbores frondosas e de pura natureza do interior de Galicia.
Xunto coa carreira, organizase paralelamente unha andaina, de 5km e gratuíta, para todas aquelas persoas que o 10k se lle faga moito pero si queira gozar do ambiente deportivo e dun percorrido similar o da carreira.
O longo do percorrido da carreira estableceranse puntos de avituallamento na saída e chegada, así como nun punto intermedio. O rematar todas as probas haberá un pincho para todos os corredores e voluntarios.
O 10K de Monterroso será a segunda proba do circuíto de carreiras "Circuíto MIño-Ulla", que se celebra xunto a carreiras de pobos veciños. Lembra que podes participar en todas as probas do circuíto de xeito individual ou formando un equipo, podes consultar a información na súa páxina web.
Se precisas saber mais sobre a carreira, podes facelo consultando o regulamento.